Atención donas e cabaleiros chega a súa vila a libraría máxica. Nela, dous simpáticos libreiros interpretados por Bea Campos e Marcos Alonso ofreceranlle o libro perfecto grazas a súa capacidade de atopar o conto necesario para cada persoa e ocasión! A libraría máxica é o un espectáculo de Inventi Teatro para toda a familia, unha divertida peza teatral que rinde homenaxe ao pequeno comercio, as tendas de barrio, e que achega aos nenos e nenas o amor pola literatura e a lingua galega. O espectáculo pode programarse tanto en rúa como en sala.
Compañía/Artista: Inventi Teatro
Tipo de espectáculo: TEATRO - Comedia
Tipo de público: INFANTIL
Programa: Escena ao vivo
Web
Fuente: https://redecultural.gal/events/a-libraria-maxica-2/
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar