18:00 hasta las 19:55
Sesión ciclo: Maspalomas en Ourense
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Este mércores proxectamos 🎬"Maspalomas" de Jose Mari Goenaga e Aitor Arregi!🏳️🌈❤️🩹
👉Logo de romper coa súa parella, Vicente (76) leva a vida que quere en Maspalomas: o seu día a día pásao deitado ao sol, de festa e na procura de pracer. Un accidente inesperado obrígao a regresar a San Sebastián e reencontrarse coa súa filla (Nagore Aranburu) a quen abandonou anos atrás. Vicente terá que vivir nunha residencia onde se verá empurrado a volver ao armario e a ocultar unha parte de si propio que cría resolta. Nesta nova contorna, Vicente deberá preguntarse se aínda está a tempo de se reconciliar cos demais... e consigo mesmo
🟰Filme especialmente recomendado para o fomento da igualdade de xénero (ICAA)
⏳Sesións ás 18h e ás 21h
👉Na Casa da Cultura (rúa Concello 11, Ourense)
🎟️Cota: 5€


