20:30
MEMORIA HISTÓRICA E OS RESTOS DO FRANQUISMO - proxección do documental “CAMARADA FRAGA. Memoria dun fascista”
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración do Concello de Vilalba, organiza para o xoves 29 de xaneiro de 2026, ás 20:30 horas, no Auditorio Municipal de Vilalba, a charla de MANUEL MONGE sobre MEMORIA HISTÓRICA E OS RESTOS DO FRANQUISMO.
A presentación correrá a cargo da presidenta do Iescha, MARISA BARREIRO.
Durante o acto, levarase a cabo tamén a proxección do documental “CAMARADA FRAGA. MEMORIA DUN FASCISTA”, producido pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña-CRMH, con guión do propio Manuel Monge.
Fuente: https://entradasvilalba.es/evento/outros/memoria-historica-e-os-restos-do-franquismo



