1989. Os pais de Paula sepáranse sendo ela unha nena. 2019. Ela sepárase de Joy logo dunha década de relación. Que teñen en común as dúas historias e como son diferentes?
Veleiro usa o seu arquivo doméstico –e o do seu proxenitor, adicto á cámara de vídeo, filmándoa a todas as horas– para ofrecer unha reflexión sobre a natureza deste tipo de imaxes en tanto que banco de recordos. Pero cando se están a filmar, como impactan no xeito de nos relacionar cos nosos seres queridos?
Documental honesto, de fina montaxe, na liña da tradición de cineastas como Ross McElwee ou Alan Berliner.
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=151896
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar