18:30
Obradoiro de adornos de Nadal

Obradoiro de adornos de Nadal

Neste obradoiro, cada participante fará bolas con bastidores de madeira para a árbore de Nadal. Haberá diferentes modelos de bolas para que cada quen faga o seu deseño máis persoal, coas súas iniciais, da súa familia, deseños con apliques, botóns, cintas, lazos e formas. 

Dirixido a nenas e nenos de 6 a 12 anos. Hai 12 prazas.

Na sala infantil da biblioteca.

As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información dende 30 min antes do comezo da actividade.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=151709
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android