20:30 hasta las 22:00
1888. Señorita Xulia

1888. Señorita Xulia

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario

1888. Señorita Xulia. Xira de despedida 2025. ¡Última función!

Unha versión rompedora e sexy do clásico de August Strindberg. Un dos textos máis polémicos da historia. Para os amantes do thriller psicolóxico e do cine negro.

Protagonizada por Iria Ares e Xoán C. Mejuto.

1888. Señorita Xulia está considerado pola Revista GODOT como un dos mellores 7 espectáculos de 2022 da carteleira madrileña.

A Señorita Xulia aparece morta na cociña da casa do seu pai, o Conde. Todo apunta a que se suicidou cunha navalla de afeitar que pertencía a Xoán, criado predilecto da casa. Durante o interrogatorio, Xoán convértese en sospeitoso de asesinato ao desvelarse que el e a señorita compartiron bebida e confidencias, e incluso, chegaron a consumar un acto sexual consentido e incitado pola propia señorita.

Os feitos, sucederon durante a máxica e sensual Noite de San Xoán. O criado, única testemuña, non pode explicar por que ten as mans e a roupa totalmente cubertas de sangue…

1888. Señorita Xulia obtivo varias distinción nas mellores webs especializadas de teatro en Madrid, entre elas, o galardón a ESPECTÁCULO MÁIS VALORADO pola plataforma, Madrid es Teatro.

Velaquí os comentarios da crítica sobre 1888. Señorita Xulia:

“Una versión que exige una entrega actoral absoluta porque los conflictos entre los personajes son constantes y están llenos de contradicción por ambas partes, la del ama y la del lacayo”. Jose-Miguel Vila, Diario Crítico.

“Muy recomendable versión de una obra que abrió las puertas del teatro del Siglo XX, fusionando puntos de vista sobre las complejas relaciones hombre-mujer”. Horacio Otheguy, Culturamas.

“Xoán Carlos Mejuto está estupendo, con una presencia escénica espléndida, mientras que Iria Ares destaca en esa energía seductora que emerge de su trabajo”. Diego da Costa, Cinemagavia.

Recomendado para maiores de 13 anos.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android