19:30
Presentación de 'A vida arder' de Abraham Pérez

Presentación de "A vida arder" de Abraham Pérez

Abraham Pérez
Presentación da novela de Abraham Pérez, editada en Galaxia, na que o autor estará acompañado polo tamén escritor Xerardo Quintiá. 

SINOPSE
Un mozo que vai vivir coa súa parella, un home divorciado que vai comezar a súa xornada laboral, unha rapaza que perdeu o traballo visita os seus pais, unha carta desde Seúl vinte anos despois, un exconvicto que regresa á casa, dous amigos que asisten a un concerto… Cuestionando a clase, a masculinidade, o desexo, as relacións sociais e o devir da época, nestes relatos, escritos cun estilo directo e seco, onde hai espazo para o poético e o reflexivo, atopamos vidas urbanas condicionadas pola denominada Gran Recesión, onde a incerteza existencial parece traspasar tamén o eido afectivo e laboral. Un libro que pode ser a alegoría dun disco de rock do autor, con todas as súas porosidades e violencias contidas.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android