🌲 SEGUNDO HORARIO PARA O NOSO OBRADOIRO! 🌲 Moitísimas grazas pola gran acollida co noso primeiro obradoiro de Nadal, completo en menos de 24h. Abrimos horario de tarde… e se enchemos, TEREMOS OUTRO! Calma que todos imos ter os nosos calendarios 🥰 🔴 OBRADOIRO CALENDARIOS DE ADVIENTO 🌟 Sábado 22 de novembro de 17:00 a 19:00 (se vos anotades moitos faremos outro en horario de tarde) ❤️12 prazas dispoñibles ☕️ Teremos unha pequena merendiña antes de comezar para peques e maiores 🌟 INFORMACIÓN IMPORTANTE: O calendario estará feito 100% polos peques coa vosa axuda e a nosa. Eu @profealba_infantil crearei as tarxetiñas das propostas e as pegatinas dos números para facelo máis personalizado. Dentro incluirá: • 24 propostas (podedes facelas todas ou modificar acorde ao voso gusto) • Xogos de mesa •Adorno de madeira •Materiais para manualidades •Coloreables de nadal •2 mini xoguetes para cada peque •SORPRESAS •Plans en familia ✨É un obradoiro en familia 🧑🧒🧒: mínimo un adulto co peque, podedes vir dous. 🤍 +3 anos (non queremos excluir a ninguén pero hai cousiñas que non poden/saben facer, mais se vós considerades que están preparados e coa vosa axuda poden, so tedes que falar con nós. Iso si, se vos anotades, o pago será ao comezo e senon aguantan ou non logran facelo, non terá devolución. Tedes que entendelo, os materiais e preparación, son parte do obradoiro) 🎁 Todos os peques participantes levarán un agasallo ‼️ Pago do obradoiro, en efectivo. Grazas! ⚠️ ANOTARSE NA LIBRARÍA, POR REDES OU NO WHATSAP 646 629 319 🌲 Grazas por querer vivir o Nadal con nós!
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar