11:00 hasta las 20:00
CarOutlet Lugo 2025

CarOutlet Lugo 2025

O Pazo de Feiras e Congresos de Lugo converterase un ano máis no epicentro do motor coa celebración dunha nova edición do CarOutlet Lugo, que terá lugar os días 7, 8 e 9 de novembro.

Na súa décimo cuarta edición, o evento reunirá nos máis de 9.000 m² do recinto feiral a maior exposición de vehículos de ocasión, seminovos, quilómetro cero e remarketing da provincia.

Durante tres días, as persoas visitantes poderán descubrir máis de 400 vehículos de todas as gamas —turismos, SUV, todoterreos, monovolumes e industriais— con descontos exclusivos e condicións especiais de financiamento, dispoñibles unicamente durante a fin de semana do salón.

Entre os expositores participantes atópanse algúns dos principais concesionarios e empresas do sector en Lugo:

O CarOutlet Lugo consolídase un ano máis como unha cita imprescindible para quen busca estrear vehículo nas mellores condicións antes de rematar o ano.

Fuente: https://pfclugo.com/event/caroutlet-lugo-2025/

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android