00:00
Samain en Sada
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
🔶V CONCURSO DE ESCAPARATES DE MEDO🔶 O Concello de Sada, en colaboración co comercio local, organiza un programa especial de actividades co fin de premiar a creatividade e o esforzo do sector á hora de decorar os escaparates dos seus establecementos. 🔹Modo de Participación Poderán participar todos os establecementos comerciais do municipio de Sada, con independencia da actividade que desenvolvan, sempre que conten con escaparate visible desde a vía pública. Os escaparates deberán estar decorados con motivos inspirados na temática do Samaín. 🔹Inscrición A inscrición é gratuíta. Os establecementos interesados deberán cubrir o ANEXO I e presentalo por vía telemática ou presencial en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015 do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. O prazo de inscrición estará aberto ata o 29 de outubro. 🔹Premios A organización concederá tres premios ás mellores decoracións, segundo o criterio do xurado, consistentes en:Primeiro premio: 200€, Segundo premio: 150€ e o Terceiro premio: 100€ Terase especialmente en conta a incorporación de elementos vinculados á tradición galega do Samaín, tales como: castañas, caveiras, follas secas, chuvieiras, magostos, luciñas, camposantos, Santa Compaña, cabazas, arañas, morcegos ou ánimas nocturnas, entre outros. ℹ MÁIS INFORMACIÓN BASES E ANEXO I NA WEB MUNICIPAL SADA.GAL (LINK NA BIO)



