Biblioteca Pública de Santiago de Compostela Ánxel Casal
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
O obradoiro comezará cunha explicación sobre a selección de plantas que axudan a rexenerar o aire e manter a humidade, tales como suculentas, fieitos e plantas de baixo mantemento e como contribúen á sostibilidade do microecosistema.
A continuación, realizaremos a montaxe do ecosistema na ecocápsula e plantaremos as especies no seu interior. Incluiremos outros elementos naturais que contribúan á estabilidade do ecosistema, como rochas para conservar a humidade e recipientes de auga.
Finalmente, realizaremos as probas, a observación e os axustes finales cun exemplo de domotización de luz e temperatura con electrónica.
Dirixido a nenas e nenos de 8 a 13 anos. Hai 15 prazas. As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información da biblioteca dende 30 min. antes do comezo da actividade.
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=151368
Av. de Xoán XXIII, s/n - Santiago de Compostela Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar