18:00
Vacabots: creación de robots sustentables

Vacabots: creación de robots sustentables

Neste obradoiro propoñémosche unha aventura chea de diversión, aprendizaxe e conciencia ambiental.

A idea é simple: construirás o teu robot cos compoñentes técnicos necesarios e, ademais, con materiais reciclados. Todo pode cobrar vida co teu toque creativo.

Cada robot será único, feito con materiais que atoparás na biblioteca, dándolles unha segunda oportunidade. A medida que avances, poderás experimentar con diferentes deseños, inventar novas formas de movemento e deixar voar a túa imaxinación.

A diversión non ten límites!

E ademais, aprenderás conceptos fascinantes de ciencia e tecnoloxía mentres te divirtes. Tamén incluiremos actividades e preguntas para facerche reflexionar sobre a importancia de reutilizar, reciclar e coidar o medio ambiente.

Dirixido a nenas e nenos de 6 a 9 anos. Hai 15 prazas. As persoas interesadas poden recoller a entrada no mostrador de información da biblioteca dende 30 min. antes do comezo da actividade.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=151366
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android