A Deputación de Lugo e a Cadena Ser organizan este venres, 24 de outubro, ás 19:30 horas, unha nova edición do foro Con Voz de Muller. Un espazo seguro e inspirador que xirará este ano entorno á sexualidade feminina e que contará coa participación de referentes como a directora do Instituto das Mulleres do Goberno de España, Cristina Hernández, ou a humorista e comunicadora Carolina Iglesias. A cita desenvolverase no Salón de Actos da sede provincial e a entrada será de balde. As invitacións pódense retirar no seguinte enlace: https://www.eventbrite.es/e/con-voz-de-muller-mulleres-que-inspiran-tickets-1818784636809?aff=oddtdtcreator. O programa completo: • 19:00 horas. Apertura de portas • 19:30 horas. Actuación musical de Catuxa Salom • 19:35 horas. Apertura institucional • 19:40 horas. Entrevista con Cristina Hernández, directora do Instituto das Mulleres do Goberno de España • 19:50 horas. Proxección audiovisual. Como viven o sexo as mulleres maiores • 19:55 horas. Entrevista con Carolina Iglesias, coñecida como Percebes e Grelos, e mesa redonda Sexo, o que non nos contaron xunto a Marta Paz e Estefanía Fernandez • 20:40 horas. Interacción co público • 20:45 horas. Actuación musical e entrevista con Catuxa Salom. • 20:55 horas. Peche institucional.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar