18:00
Gala dos Premios Mestres e Mestres da Memoria 2025
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O Equipo Chaira -grupo de investigación etnográfica formado por Mercedes Salvador, Ofelia Carnero, Xoán R. Cuba e Antonio Reigosa- e a veciña da parroquia de Folgoso (Cerdedo, Pontevedra) María Fraíz Canaval (María da Vrea) veñen de ser elixidos como Mestres e Mestras da Memoria 2025 da AELG (Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega) desde a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG, previa deliberación do Grupo de Traballo composto por Ana Acuña, Antonio Reigosa, Calros Solla, Carme Pernas Bermúdez, Cesáreo Sánchez Iglesias, Félix Castro Vicente, Lois Pérez, Xosé Manuel Varela e Xurxo Souto. O acto de entrega dos galardóns que organiza a AELG terá lugar nunha gala o venres, sexta feira, 24 de outubro no Vello Cárcere de Lugo. A AELG vén de elixir a través do grupo de traballo da Sección de Literatura de Tradición Oral as persoas distinguidas cos premios Mestre e Mestra da Memoria 2025, que veñen recoñecer a traxectoria e labor daquelas persoas que se distinguen pola preservación e transmisión do patrimonio inmaterial da nosa literatura de tradición oral. Para máis información:
https://aelg.gal/novas-e-comunicados/2025/5/27/o-equipo-chaira-e-maria-da-vrea-mestres-e-mestras-da-memoria-2025
Panóptico
Fuente: https://ovellocarceredelugo.gal/mc-events/gala-dos-premios-mestres-e-mestres-da-memoria-2025/?mc_id=1035



