00:00 hasta las 00:00
INTERRITMOS Raíces vivas | Residencia Creativa Musical en Ponteareas
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Do 21 ao 24 de outubro en Ponteareas, convidámoste a formar parte dunha experiencia única de creación colectiva e encontro artístico. Durante tres xornadas intensas e inmersivas, convivirás con artistas emerxentes e profesionais da interpretación, da música tradicional e do flamenco, nun espazo pensado para inspirar, conectar e cocrear. Sesións de radio e exposición de proxectos polas mañás Obradoiros de movemento e creación escénica polas tardes Ceas compartidas e espazos de conversa para facer fluír a inspiración Un ambiente íntimo e creativo Este é un encontro emocional e creativo entre artistas, un lugar para abrir camiños entre tradicións, compartir ferramentas escénicas, explorar a túa identidade artística e deixar nacer novas propostas desde o diálogo e o acompañamento profesional. +INFO https://www.interritmos.es/raices-vivas-residencias/



