20:00
CONCERTO | Nebra

CONCERTO | Nebra

Gratis
🎶Concertos San Froilán 2025: mércores 08 ás 20:00 NEBRA na Pza de Santa María.

Nebra é un trío lucense que combina unha voz próxima ao folk con sintetizadores, baixo eléctrico e ritmos de batería que oscilan entre o rock e a electrónica.

O proxecto nace en 2020 da man da cantante Sara Pérez Cruz (Sara Nebra), xunto co baixista Ángel Boquete (Sigilu) e o batería Ro Muñoz (Wealman).

Tras musicalizar o poema "Danza da lúa en Santiago" de Federico García Lorca, publicaron en 2022 o seu primeiro disco, “Sereas”, co que foron finalistas na categoría Músicas do Mundo dos Premios Martín Códax da Música Galega. Neste 2025 veñen de publicar “María Benita” e “Espellos”, primeiros adiantos do seu novo traballo discográfico.

No seu concerto, NEBRA presentarán estas novas cancións cun directo hipnótico e envolvente.

https://facebook.com/nebra.gal
ihttps://nstagram.com/nebra.gal/
https://nebra.gal/
Programa San Froilán: https://sanfroilan.info
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android