00:00 hasta las 00:00
II XORNADAS DE DIVULGACIÓN NA HEDREIRA

II XORNADAS DE DIVULGACIÓN NA HEDREIRA

Gratis
🔭🧪 II XORNADAS DE DIVULGACIÓN NA HEDREIRA 📚🧬

Quedamos tan satisfeitas coa primeira edición que imos repetir! Queremos aprender de ti, e seguro que non somos as únicas. É unha sensación compartida por moitas que é unha mágoa que investigacións interesantes, do ámbito académico ou non, rematen ignoradas nun caixón. Se ti tamén botas en falta ocasións para achegar o que sabes á sociedade, esta é a túa oportunidade.

O centro social A Hedreira (r/Catasol, 17) acollerá unhas novas xornadas de divulgación os días 23 e 27 de outubro. Concretaremos o horario e títulos das exposicións nas nosas redes sociais (Instagram, Facebook, Telegram, Bluesky) en función das propostas recibidas.
📩 Envíanos a túa proposta!

Se estás desexando presentar o teu TFG, TFM, tese, PFC ou investigación doutro tipo, envía canto antes a csahedreira@riseup.net un resumo do traballo, requisitos materiais e a túa dispoñibilidade. Temos ordenador e proxector. Priorizaremos aqueles traballos que aborden temáticas con impacto social.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android