Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre actuarán o domingo 5 de outubro en San Miguel de Reinante, en Barreiros, dentro do ciclo Polavilas no paraíso promovido pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo. A actuación, ás 13.00 horas na pista da festa de San Miguel, coincide coa celebración das festas de San Miguel, un contexto elixido para achegar a música tradicional e en galego a todos os públicos. O concerto contará coa participación do grupo de música tradicional O Arco da Vella, que acompañarán a Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre nalgúns dos temas do repertorio, un repaso aos seus últimos catro discos - The Tambourine Man, Noró, As Catedrais silenciadas e Axúdame a sentir- que teñen a pandeireta como instrumento central.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar