Montaxe multimedia con distintas fontes de arquivo e filmacións in situ sobre Butte, Montana, unha pequena cidade outrora próspera pola súa minería e hoxe abandonada como zona de desastre ambiental. Wilkerson remóntase especificamente ao conflito entre sindicatos e patróns durante a Primeira Guerra Mundial para analizar a brutalidade do capital con ferramentas dialécticas marxistas e lanzar unha emenda á totalidade dun sistema que considera brutal e deshumanizador. Polo seu excelso uso da montaxe e a voz en off, An Injury to One valeulle o recoñecemento mundial da crítica especializada.
Proxéctase xunto á curta National Archive.
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=150970
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar