00:00
Cantos de Taberna

Cantos de Taberna

OBRADOIROS 🥁Este venres, para ir quentando motores antes dos Cantos de Taberna, teremos dous obradoiros abertos e gratuítos na Tinería!

👉🏼 Obradoiro de pandeireta: 
Neste curso de iniciación á pandeireta, faremos unha breve introdución aos diferentes ritmos, centrándonos no abaneo. Non o perdas.
📍 Vinissi (Rúa Miño, 26)
🕕 18:00 h
ℹ️ É necesario traer pandeireta propia.

👉🏼 Obradoiro de baile tradicional galego.
Se che interesa o baile galego, esta é unha boa oportunidade para achegarte a el. Coñece o ritmo da “jota” e goza da actividade. Só tes que traer as baterías cargadas e ganas de pasalo ben.
📍 Praza do Recanto do Miño
🕖 19:00 h
👉 Ambos obradoiros son de balde e están dirixidos a nenos/as e adultos a partir de 12 anos.
✉️ Para participar só tes que escribirnos a festadatineria@gmail.com indicando:
 • Nome
 • Idade
 • Se tes ou non coñecementos previos de baile ou pandeireta, segundo o obradoiro no que te apuntes.

⚠️ Prazas limitadas ata cubrir aforo.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android