00:00 hasta las 00:00
Sempre en Galiza. 1944-2024

Sempre en Galiza. 1944-2024

A Casa da Cultura de Meira acolle durante a mostra  “Sempre en Galiza. 1944-2024”, sobre a obra cumio do pensamento político de Castelao, un alegato a prol do recoñecemento da identidade nacional de Galiza.

A deputada de Cultura Iria Castro achegouse esta mañá á inauguración da mostra que contou cunha visita teatralizada a cargo da compañía Os Quinquilláns e na que participaron alumnado do IES Pedregal de Irimia e do CEIP Poeta Avelino Díaz.

A mostra instalada na Casa da Cultura, está formada por oito paneis que resumen o contido da obra,  con textos descritivos e reproducións de fotos históricas e debuxos de Castelao.

Trátase dunha descrición cronolóxica, que explica os textos en relación coa súa actividade política desde 1934,  cando asina os primeiros artigos , no desterro estremeño, ata 1944, cando se funda o Consello de Galiza, goberno galego no exilio do que foi primeiro presidente, e se publica a primeira edición da obra.

A mostra, comisariada por Henrique Monteagudo e coordinada por Xesús Domínguez Dono, viaxa pola provincia da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, que impulsa a súa itinerancia coincidindo co 75 cabodano do artista e política nacionalista co obxectivo de achegar á cidadanía unha figura fundamental para a historia galega contemporánea.

Ademais da visita teatralizada, a exposición acompáñase da representación da obra "Cousas", unha montaxe teatral baseada no libro de relatos "Cousas" de Castelao.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android