Mondra e Grande Amore protagonizarán un Meet & Greet o martes 23 ás 19.00 horas na Casa do Saber de Lugo. O mércores 24 actuará Grande Amore ás 20.30 horas na explanada da EPSE. Ademais, haberá visitas guiadas, representacións teatrais, torneos deportivos, obradoiros de igualdade e diversidade así como aulas abertas de distintas disciplinas de danza, de música e de prácticas deportivas. E haberá presentacións e encontros coas persoas responsables de servizos da USC como a Unidade de Atención Psicolóxica, a Oficina de Igualdade de Xénero ou o SEPIU. En Lugo haberá un evento especial, como a foliada coa colaboración de moito estudantado da USC. ➕ Info https://www.usc.gal/gl/xornal/novas/abre-inscricion-xornadas-benvidausc-teran-15-30-setembro-lugo-compostela
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar