00:00 hasta las 00:00
PROGRAMACIÓN | 25 anos da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial

PROGRAMACIÓN | 25 anos da Muralla de Lugo como Patrimonio Mundial

  • Evento destacado
  • Evento terminado
  • Calendario
25 anos da Muralla como Patrimonio Mundial

PROGRAMA

O 12 de novembro comezarán os actos de conmemoración desta data coa visita institucional do alcalde de Viana do Castelo, urbe coa que Lugo está irmandada desde hai máis de tres décadas. Esta visita será ademais o preámbulo da celebración da Executiva do Eixo Atlántico en Lugo, o 13 de novembro, coa que os concellos galegos e do Norte de Portugal sumaranse ao homenaxe á Muralla pola súa declaración e á celebración de todo o pobo de Lugo.

Tamén o 13 de novembro, e dentro do programa de concertos do Festival de Jazz de Lugo, terá lugar a actuación do grupo March Mallow, no Círculo das Artes, e que conta co patrocinio da área de Alcaldía do Concello de Lugo.

O 19 de novembro terá lugar unha das grandes actuacións deste programa, a do mítico pianista James Rhodes, un británico de fama internacional moi vinculado a Galicia e a Lugo. O concerto, promovido pola Alcaldía, será no auditorio Fuxán os Ventos, xa que se considera que é o espacio perfecto para poder desfrutar da súa música, do son directo e sen artificios.

A muralla ten tamén o seu compoñente máxico e por iso e para convocar a maior parte da cidadanía en espectáculos de rúa, a programación inclúe actuacións do Mago Rafa, os días 22, 23, e 29 e 30 de novembro en horarios de mañá e tarde, no centro da cidade.

Compañías teatrais, tanto amateur como profesionais e coordinadas desde Alcaldía, protagonizarán na mañá do día 22 un espectáculo teatral que tomará a muralla como telón de fondo, para ir percorrendo o monumento e parar nas diferentes portas, asistindo a breves representacións teatrais da cada unha das compañías. 

O 27 de novembro, o Concello de Lugo colaborará nunha iniciativa na que participan empresas lucenses e a comunidade educativa para rodear a Muralla e darlle un abrazo quilométrico por estes 25 anos de distinción.

O día 27, a tenencia de Alcaldía organiza no MIHL unha actividade destinada ao público familiar a partir das 18:00. Dentro da programación de animación á lectura, a profesora Alba convidará ás nenas e nenos de Lugo a unha sesión única na súa cociña de contos. Prepararemos xuntos unha historia nova, mesturando diversión, maxia e imaxinación. Unha experiencia saborosa e inesquecible para nenos, nenas e familias. O público adulto desfrutará tamén o día 27 de programación teatral co espectáculo Ellos y Yo de Jordi Font, que comezará ás 20:30. Trátase dunha viaxe íntima e conmovedora a través do imaxinario dun neno que se fai maior. Onde os recordos da infancia desvelan unha historia real que marca de por vida unha familia. “Ellos y yo”, fala desde recordos e da perda; a perda da inocencia, a perda de alguén querido, a perda do imaxinario. “Ellos y yo, o aquella sensación de que los árboles te miran” é un espectáculo que combina o teatro de obxetos e o videomapping onde a fenda entre realidade e fantasía desaparece.

Grazas á colaboración mantida entre a Alcaldía e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería, (APEHL), dos días 28 ao 30 de novembro, haberá varios bares e restaurantes da cidade, que se afanarán nas súas cociñas para ofrecer receitas exclusivas a modo de Tapa Conmemorativa do 25 Aniversario.

Tamén nese fin de semana, haberá un falshmob dedicado á Muralla, que están a preparar as escolas de baile Gravitty e Star Dance, e que intentarán que o maior número posible de lucenses se sumen a un baile dedicado á Muralla por estes 25 anos como ben mundial.

O día 29, Lugo vivirá unha noite máxica que comezará co desfile das asociacións de recreación histórica do Arde Lvcvs, unha festa unida de xeito indisoluble á Muralla, ambas con distincións internacionais. Estas asociacións de recreación histórica xa participaron noutras edicións, e nesta tan especial estarán de novo presentes, cun papel protagonista.

A noite continuará cun espectáculo de drons que converterá o ceo da cidade nun lenzo de luz e música para conmemorar esta data. A actividade terá lugar nas costas do parque Rosalía de Castro. O espectáculo de drons, impulsado pola área de Alcaldía e creado especificamente para esta conmemoración, consistirá nunha coreografía aérea composta por máis de 150 drons sincronizados, que debuxarán figuras en movemento sobre o ceo ao ritmo da música do compositor Abraham Cupeiro, quen tamén participou na creación da banda sonora que acompañará esta montaxe que une tecnoloxía, arte e patrimonio.

Desde a Tenencia de Alcaldía preparouse tamén para o día 29, no auditorio Fuxan os Ventos, un concerto da Orquestra Filharmónica, “unha orquestra que está a triunfar na nosa cidade con diferentes actuacións ao longo do ano", afirmou Rubén Arroxo, que destacou a importante acollida desta orquestra "tanto entre o público adulto como entre a mocidade". Arroxo afirmou que a Filharmónica conta con "músicos de moi alto nivel" e afirmou que "como non podía ser doutro xeito, estarán na programación do 25º aniversario da Muralla".

Na mañá do día 30, a Ronda da Muralla acollerá unha iniciativa deportiva ciclista, coa que dar visibilidade a importancia do monumento máis emblemático de Lugo, tamén desde o punto de vista deportivo e saudable.

Por último, no serán do mesmo día 30 de novembro, ademais das actividades xa mencionadas, a Alcaldía de Lugo ofrecerá un acto institucional no auditorio Fuxán os Ventos, no que haberá encontros cos auténticos protagonistas do ámbito político, xornalístico e cultural daquel 30 de novembro do ano 2000 así como dos anos posteriores á consecución deste importante logro. Todo elo estará aderezado coa música a cargo da orquestra Terra Nova e outras sorpresas para unha noite máxica.

O propio día 30 volverá actuar a Banda Municipal, cun concerto previsto para o Templete da Música da Praza Maior. A Banda volverá tocar despois de dar un concerto durante as Festas de San Froilán.

Ademais, o teatro continuará o domingo 30 co espectáculo SUM, peza teatral para primeira infancia que terá lugar no auditorio Gustavo Freire con dous pases ás 17:00 e ás 18:30. SUM foi gañadora do Premio Fetén 2025 ao mellor espectáculo para primeira infancia.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android