11:30 hasta las 20:00
Actos da Cultura Chairega: Homenaje a Manuel María
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Gratis
ACTIVIDADE DO IESCHA ACTOS DA CULTURA CHAIREGA HOMENAXE A MANUEL MARÍA NO XXI CABODANO DOMINGO 7 DE SETEMBRO-ÁS 11:30 H.-NO ESPAZO MANUEL MARÍA, A CARÓN DA SÚA ESCULTURA -OFRENDA, RECITADO E MÚSICA (CARLOS GÓMEZ OSA) SÁBADO 13 DE SETEMBRO - ÁS 20:00 H.-NO AUDITORIO MUNICIPAL DE VILALBA -CONCERTO DE CRIS ROMÁN Coma todos os anos por estas datas, o Instituto de Estudos Chairegos, coa colaboración da Área de Cultura-Vicepresidencia da Deputación de Lugo, organiza os ACTOS DA CULTURA CHAIREGA, en homenaxe a MANUEL MARÍA, coincidindo neste 2025 co seu XXI CABODANO. PROGRAMA: • DOMINGO 7 DE SETEMBRO – ÁS 11:30 HORAS NO ESPAZO MANUEL MARÍA (Entrada de balde). Terá lugar unha ofrenda floral ao pé da súa escultura, así como un recital poético popular, aberto a toda a xente que queira participar con poesías, cancións ou calquera outro texto relacionado co gran poeta chairego. O apartado musical correrá a cargo de CARLOS GÓMEZ OSA. • SÁBADO 13 DE SETEMBRO – ÁS 20:00 HORAS NO AUDITORIO MUNICIPAL (Entrada de balde. Haberá que facer a correspondente reserva ben na páxina web do Concello, ben na Casa da Cultura de Vilalba). Terá lugar lugar o concerto de CRIS ROMÁN. Cris Román.- “A compositora e cantante Cris Román, comezou a súa andaina musical co grupo de Rock Areavasta. En 2014 decide comezar a súa aventura en solitario e en abril de 2016 siu á luz o disco autoproducido A Cuentagotas. Profesora da USC, Cris Román, reparte o seu tempo entre a investigación e a docencia e a súa paixón pola música. Unha autora comprometida, con alma de roqueira baixo un antifaz de pop aterciopelado. Acompañada dunha banda de grandes músicos como Alexandre Fontán aos teclados; Fran Alonso ao contrabaixo; Alexis Iglesias na guitarra; e Javier Romo na percusión. Entre as súas cancións pódese atopar un amplo abano de estilos dende blues, swing, country, e música de autor, con cancións en inglés, castelán e galego".



