12:00 hasta las 22:00
MACM Mostra do Audiovisual e cinema de Marín

MACM Mostra do Audiovisual e cinema de Marín

Gratis
MAC MARÍN 2025: Marín convértese na capital galega do novo audiovisual
Do 20 ao 23 de agosto, Marín será o epicentro do cine e a creación audiovisual coa IV edición do MAC MARÍN (Mostra do Audiovisual e Cinema de Marín). Con máis de 300 curtametraxes, 42 series web e a incorporación do prestixioso Ciclo Mestre Mateo, esta edición bate récords de participación e ofrece unha programación pensada para todos os públicos, con proxeccións, obradoiros, espectáculos e encontros coas creadoras e creadores máis destacados do momento.
A vila acollerá estreas singulares como Por un puñado de pesos, primeira serie web rodada en Marín, e renderá unha homenaxe especial á actriz Mabel Rivera, que recibirá o Premio de Honra e presentará o documental Altri Non, a batalla definitiva. As seccións clásicas —Filmes Atlánticos, Outras Miradas, Cinema Xove e Novos Medios— convivirán con propostas formativas sobre intelixencia artificial, creación de contido dixital, maxia e efectos especiais para a rapazada, facendo do MAC MARÍN un espazo de encontro entre cultura, tecnoloxía e comunidade.
Con todas estas propostas, o festival reafírmase como unha cita imprescindible no calendario cultural galego. Se che apaixona o cinema, a creatividade e as historias feitas desde e para Galicia, esta é a túa oportunidade para vivir catro días de emoción, descubrimentos e inspiración en Marín.

Download App iOS
VIRAL App
Download App Android