00:00 hasta las 00:00
Festival Lingua Moza 2025

Festival Lingua Moza 2025

O espazo cultural Teatro das Cortes, impulsado pola Asociación Cultural Volta e Délle en Cabanas, no Vicedo, acollerá esta fin de semana o Festival Lingua Moza, cunha variada programación arredor da lingua.

As persoas asistentes poderán disfrutar os dous días dunha merenda con produtos de Porco Celta co programa de promoción de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural degusto.

Programa

Sábado 9 de agosto
11.30 horas Presentación da “Guía sociolingüística para familia” da
Escola de Ensino Galego Semente de Lugo
12.30 horas Obradoiro de regueifa para familias. Con Sechu Sende.
13.30 horas. Contacontos: “Tralará. Contos, obxectos e música”. Con
Marta Ortiz.
14.30 horas. Xantar
17.00 horas. Mesa redonda: “Lingua e infancia”
19.00 horas. Regueifa Tour:
20.30 horas. Concerto de Paco Nogueiras

Domingo 10 de agosto
12.30 horas Diálogo entre culturas.
14.15. Xantar
17.30 horas. Roteiro teatral “O valor da auga” co grupo de teatro
Asociación Son D´Aldea.
19.00 horas. Actuación de Anxo Moure “Unha árbore vén vernos”
20.00 horas. Concerto de Ugía Pedreira
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android