N/D
FESTIVAL 27373
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
O Festival 27373 celébrase nun entorno único, no Clube Fluvial de Begonte a carón do Río Ladra.
É o único Festival do Concello de Begonte e conta cunha programación íntegra en Galego.
Apoia a grupos emerxentes e nos últimos anos conta, polo menos, cun grupo integrado maioritariamente por mulleres.
Unha aposta pola língua e pola visibilización da muller nos escenarios.
En resumo, un día para pasar na natureza, xantando e compartindo sobremesa nunha zona que conta con tódolos servizos, nun entorno de ribeira perfectamente acondicionado e coidado, onde se pode gozar dun baño, xantar nalgunha das mesas ou mesmo no campo e pasear á beira do río ao tempo que participamos nas distintas actividades.
Recomendadísimo!!



