20:00
FESTIVAL C · 77000

FESTIVAL C · 77000

FESTIVAL C · ARTES ESCÉNICAS · DANZA

77.000

Colectivo DeXeito

Idade recomendada: todos os públicos

77.000 fai referencia ao número de toneladas verquidas polo petroleiro Prestige nas costas galegas no ano 2002. Con esta peza cóntase a historia a través da danza, creando unha representación propia do suceso, as consecuencias e o movemento. Tamén se convida o público a reflexionar sobre a fraxilidade do noso medio ambente e a importancia da acción colectiva en situacións de emerxencia.

Retrátase a realidade do pobo galego e réndese homenaxe a todas esas persoas que axudaron á costa galega ante o chapapote.

(FOTO: Nicolás Yazigi)

FICHA ARTÍSTICA
Dirección e coreografía:
Pablo Vázquez e Saray Amorín
Intérpretes: Pablo Vázquez e Saray Amorín
Música: Y.O.M., BounceBiomehanika, Gustavo Santaolalla
Residencia: Real Conservatorio Profesional de Danza Mariemma
Asistente de coreografía: Laura Conchuela
Realización de vídeo promocional: Ángel Garcés
Fotografía: Laura Conchuela, Elías Aguirre, Nicolás Yazigi
Distribución: Amarelo

Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/festival-c-%C2%B7-77000
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android