FESTIVAL C · ARTES ESCÉNICAS · TEATRO
DALE RAMÓN!
Trapu Zaharra
Idade recomendada: A partir de 15 anos
Unha axencia de viaxes (Viaxes San Fernando) decide lanzar unha campaña pioneira para minimizar o impacto ambiental do turismo industrial e de masas. A proposta céntrase no deseño de viaxes virtuais baixo o lema: “Goza das túas vacacións en calquera parte do mundo desde o sofá da túa casa”.
Para facer realidade esta idea, está previsto o desenvolvemento dunha aplicación única e personalizada que permita crear vacacións á carta. Así, asistimos en directo á creación dunha destas aplicacións. Unha persoa voluntaria, escollida por sorteo, revivirá en escena as súas mellores e peores experiencias viaxeiras. Con ese material, deseñarase o futuro “viaxe virtual”, que será entregado nun pen-drive.
Esa é a teoría. Pero a realidade pronto deixará claro que o proceso non é tan sinxelo como semella, e que o cerebro dun turista funciona dun xeito moito máis complexo do que a tecnoloxía pode prever.
(FOTO: Théo Bellanger)
FICHA ARTÍSTICA
Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/festival-c-%C2%B7-dale-ram%C3%B3n
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar