Segunda residencia artística do programa Atopémonos Bailando O proxecto ‘Mängata’ de Natalia Navarro propón un diálogo entre o corpo e o océano, entre as mareas internas e a forza lunar, onde o corpo se transforma nunha paisaxe viva, modelada por correntes que espertan memorias, emocións e mitos. Trátase dunha peza que explora a orixe do movemento e a materia que somos, fundindo o físico e o simbólico nunha experiencia sensorial e poética. A artista, nacida en Valencia e formada en danza clásica e contemporánea, conta cunha ampla traxectoria como intérprete e creadora. Colaborou con compañías como Babirusa Danza, Omos Uno ou LaOrigen, e artistas como Virginia de la Cruz ou Patricia Caballero. Tras estrear o seu primeiro solo ‘Cuando muera’, actualmente desenvolve o dúo TACTO e inicia este segundo traballo en solitario, Mängata, dentro do programa lucense.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar