🎭 O Festival Manicómicos celebrará a súa 24ª edición do 17 ao 20 de xullo en espazos públicos da Coruña. 👉 Esta iniciativa, que conta co apoio do Concello, ofrecerá espectáculos de alto nivel internacional de balde para a cidadanía. 📍 Haberá un total de 12 espectáculos en diferentes espazos da cidade como o paseo das Pontes, o Campo da Leña, a praza das Conchiñas, a praza de Pablo Iglesias ou a Casa das Ciencias. 🎩 Ademais, o domingo 20 de xullo celebrarase a gran gala final no anfiteatro de Santa Margarida. ℹ️ Máis información en coruna.gal
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar