Bromas senfin, participacióndo público e humor, moito humor son as chaves desta adaptación circense do clásico conto “O frautista de Hamelín” no que descrubriremos o que aconteceu en realidade. A través do clown, os malabares, o xogo e a participación do público contaranos unha persoa presente alí mesmo como a aldea de Hamelín foi tomada por unha praga de raros seres que molestan e fan imposible a vida dos seus habitantes.
Xa coñecedes a historia que querían facervos saber… é hora de coñecer “A verdadeira historia de Hamelín”, un contacontos circense con malabares, equilibrios e moito humor
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=149901
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar