Ribeira Sacra Consorcio de Turismo
Estrada a Nogueira, 3 - Nogueira de Ramuin Ver web
20 de marzo. A Casa de Cultura de Monforte acollerá a partir das 16.30 horas a proxección dos filmes O casaco rosa, de Mónica Santos, e Tão pequeninas, tinham o ar de serem já crescidas, de Tânia Dinis. Ese día ofrecerase tamén unha cata de viños portugueses no restaurante Trespés, na mesma localidade, ás 21.00 horas. A cata comprenderá catro viños, catro tapas e a proxección do filme Cartas a uma ditadura, de Inês de Medeiros. O prezo para esta actividade é de 25 euros por persoa. Para asistir é precio realizar unha reserva previa chamando ao teléfono 661 43 43 36. 21 de marzo. Ás 19.30 horas proxectarase o filme Prazer, camaradas!, de José Filipe Costa, na sala Cinema Palleiriso, na localidade de Garabelos, pertencente á parroquia de Mariz, en Chantada. 22 de marzo. A Casa de Cultura de Sober acollerá a partir das 19.30 horas a proxección do filme 48, de Susana Sousa Dias. 23 de marzo. No centro cultural A Casa de Memoria, en Xullán, proxectarase ás 16.30 horas o filme Batida de Lisboa, de Rita Maia e Vasco Viana. Ese mesmo día e no mesmo lugar haberá un xantar popular a partir das 14.00 horas.
Estrada a Nogueira, 3 - Nogueira de Ramuin Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar