Ultreia et Suseia é un proxecto cultural celebrado en Sarria que busca apoiar, fomentar e divulgar o traballo das asociacións culturais da comarca, así coma o traballo de artistas galegos en diferentes eidos de expresión cultural. Durante todo o ano, as asociacións culturais sarriás realizan obradoiros, festividades e diversos encontros nos que colaboran en gran medida a que a vila de Sarria se manteña viva. Esta labor, que soe ser transversal e adaptada para todas as franxas de idade, non moitas veces ten o recoñecemento nin a remuneración que se merece. E, aí, aparece Ultreia et Suseia para tratar de cambiar esta situación. Para a súa cuarta edición, Ultreia et Suseia volve buscar darlles ás asociacións locais un lugar de reunión e difusión da súa obra, funcionando coma unha maneira de mostrar e valorar a importante labor que fan durante todo o ano. +INFO https://ultreiaetsuseia.gal/
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar