Henriko é un peculiar feiticeiro, mago, bruxo, ¿charlatán? que sente que realiza trucos incríbels. Proezas que superan o entendemento humano. Pero en realidade é unha fraude de mago ao que mesmo os nenos lle cazan os trucos. Aínda así, sendo o único que segue crendo na súa maxia, ten a caradura de continuar co espectáculo como se todo estuviese a saír segundo o planeado. Pero trala aparencia deste desastroso feiticeriro agóchase un veterano malabarista que realizará arriscados xogos con coitelos e perigosos equilibrios.
Nun intre dado do espectáculo, para sorpresa do público e do propio Henriko, comezarán aconteceder cousas inexplicabels na escena. O achegamento de enerxía por parte do público alcanzou tal intensidade que os feitizos, de repente, están funcionando. Henriko adquire poderes e da camiñado con éxito sobre o arame de funambulismo dando acadado unha especie de levitación mística.
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=149818
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar