23:00
Fire Performance
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
Unha parella de guerreiros forxados polo amor e a batalla fan unha danza poderosa e cargada de emoción que deslumbra con efectos visuais impresionantes. É unha ofrenda aos deuses do lume de todas as tradicións ancestrais. Con moito ritmo e sen palabras, unha forma explosiva de transformar as técnicas de manipulación con lume a un espectáculo espiritual, ancestral pero tamén moi contemporáneo. Un espectáculo potente e místico que promete un experiencia visual e sensorial inesquecible. Crea un ambiente cativador que deixa ao público sen alento, é ideal para a noite en eventos históricos, festivais e celebracións.
Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=149295



