12:30
Danzamos no verán!!!

Danzamos no verán!!!

Xoán Curiel e A Banda do Verán presentan o seu traballo a trío.

O show é un formato a trío que nace do disco-libro Estamos no verán!!! editado por Galaxia que narra as aventuras duns rapaces que na época estival, atopan unha creativa maneira de pasar o tempo formando un grupo musical.

Un espectáculo moi completo con danza, música en directo e elementos de teatro que se caracteriza por facilitar a participación constante do público e por contar cuns artistas de sobrada experiencia en proxectos infantís e xuvenís.

Voz, guitarra, ukelele, percusión e unha bailarina traen cancións moi divertidas e tamén entrañables; unha viaxe musical dende que soa derradeiro timbre do cole en xuño ata o primeiro de setembro.

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=149143
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android