20:30
CourelSon 25 | Julián Maeso en Paderne

CourelSon 25 | Julián Maeso en Paderne

O festival CourelSon 25 enche a montaña de música cun ciclo de concertos de jazz e blues ao aire libre, en diferentes espazos da Serra do Courel.

Cinco grandes concertos de balde en cinco localizacións únicas.

Concertos de balde a partir das 20:30h

25 de xullo. Minnemann Blues Band en Esperante
1 de agosto. Los Winters en Vieiros
2 de agosto. Pablo Sanmamed Cuarteto en Vilamor
9 de agosto. Julián Maeso en Paderne
22 de agosto. Why Go en Seceda 

Coa colaboración económica imprescindible da Área de Cultura de Vicepresidencia. Deputación de Lugo e o apoio da AIE e Caixa Rural Galega. E, cómo non, da Sociedade Micolóxica Lucus , a Asociación Galega de Custodia do Territorio , a Fundación Uxío Novoneyra e o Xeoparque Montañas do Courel , que dirixirán actividades interpretativas e educativas paralelas ao redor dos concertos!

Difundide a boa nova! E ide axendando que, xa sabedes: Se non vides, non o vivides
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android