22:00
CONCERTO | Pumuky

CONCERTO | Pumuky

Desde Icod de los Vinos (Tenerife), os irmáns Jaír e Noé Ramírez lideran este proxecto único que regresa en 2025 co seu 5º álbum: “No sueltes lo efímero”.

Pumuky regresa ao seu son máis característico, aínda que nunca completamente abandonado: un slowcore abrasivo de crescendos controlados e textos a corazón aberto, sen ningún filtro, bordeando ás veces a intensidade do shoegaze máis sucio, e noutras achegándose a pasaxes con impronta dream pop, pero sempre co seu selo propio, o que sempre os ten definido.

Rara avis, de encaixe difícil en etiquetas e escenas, Pumuky escriben cancións coma se fixeran trucos de escapismo.

Unha experiencia sonora intensa e sincera que non deberías perder.

Nós non podemos estar máis ledos de facer as datas galegas! 10 anos sin tocar aquí son demasiados! 

Gracias tamén a Vibra Mahou por botar unha man!

Artwork de La Chapera 

Entradas
Lugo 
https://woutick.com/es/entradas/pumuky-en-lugo

Santiago de Compostela 
https://woutick.com/es/entradas/pumuky-en-santiago-dc
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android