22:00
Costa da Morte, cartografía dun naufraxio

Costa da Morte, cartografía dun naufraxio

Unha viaxe sobre a historia do noso mar a través de relatos reais e cantigas populares interpretadas en directo. Historias sobre naufraxios na Costa da Morte para lembrar ás persoas que xa non están e para poñer en valor e visibilizar ás que quedaron en terra: as viúvas, as orfas, as que socorreron… Para que as súas historias non caian no esquecemento. Unha peza escrita, producida e interpretada por Mariña Lestón.

proposta de teatro unipersoal dirixida ao público adolescente e adulto programada en lugares emblemáticos e cargados de historia e escenarios inmersivos do noso litoral que permitirán conectar o público co pasado a través desta montaxe, na que a música e as imaxes potenciarán tamén unha experiencia sensorial e emocional.

Dirección, dramaturxia e produción: Mariña Lestón
Interpretación: Mariña Lestón
Apoio na dramaturxia: Vanesa Sotelo
Asistencia vocal: Cristina Domínguez
Escenografía e indumentaria: Carlos Alonso
Imaxe e audiovisuais: Anxo Beiro
Proxeccións e deseño gráfico: Xaime Beiro
Técnico en xira e iluminación: Jorge Álvarez
Coproduce: Centro Dramático Galego

Duración do espectáculo: 50 minutos

Fuente: https://www.turismo.gal/axenda-cultural/evento?langId=gl_ES&nid=148838
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android