N/D
TECER O CORPO, HABITAR A SOMBRA · LABORATORIO CON TÂNIA CARVALHO
-
Evento destacado
- Evento terminado
- Guardar evento Evento guardado
TECER O CORPO, HABITAR A SOMBRA
LABORATORIO ESCÉNICO CON TÂNIA CARVALHO
Colectivo RPM, en colaboración co Auditorio de Galicia, impulsa un laboratorio coa artista Tânia Carvalho dirixido a artistas do campo das artes performativas con interese de compartir unha experiencia colectiva arredor do universo artístico desta coreógrafa portuguesa.
O laboratorio –que terá lugar entre os días 11 e 14 de agosto na Casa das Máquinas de Santiago de Compostela– navegará entre dúas das súas obras, A tecedura do caos e Ventre do vulcão. O obxectivo desta iniciativa é construír unha versión colectiva que se poderá ver na Casa das Máquinas o día 14 de agosto, dentro do marco do Festival C de Compostela Cultura.
A participación é de balde previa inscrición.
Fuente: https://www.compostelacultura.gal/espectaculos/evento/tecer-o-corpo-habitar-sombra-%C2%B7-laboratorio-con-t%C3%A2nia-carvalho



