O festival Rockin' volverá converter Carballo na capital galega do rock. Despois do paso de bandas como The Trashmen, The Dirtbombs, Chesterfiel Kings, Roy Loney, Barrence Whitfield, Lagartija Nick, Atom Rhumba, Powersolo, Guadalupe Plata ou Niña Coyote eta Chico Tornado chega unha nova edición con moitas novidades. Temples, The Limboos, Eleanor Friedberger, Bee Dee Kay Drives The UFOzzz, Las Petunias e 10KR son as protagonistas da nova edición do Festival Rockin´Carballo do vindeiro sábado 21 de xuño en Carballo (A Coruña). Entrada de balde. Nesta nova edición voltamos ao escenario da praza do Concello e damoslle a benvida ao escenario Magnolia no Parque de Anllóns. Mirámonos para celebrar o Día Internacional da Música no Rockin´Carballo 2025 dende as 13:00h no Esceario Magnolia e dende as 21:00h na Praza do Concello.
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar