Museo Fortaleza de San Paio de Narla
Museo Etnográfico San Paio de Narla Torre de Xiá - Friol Ver web
No marco do Día Internacional dos Museos 2025, que este ano leva por lema “O futuro dos museos en comunidades en constante cambio”, a Rede Museística Provincial ofrecerá un amplo programa de actividades ao longo do mes de maio. Unha das propostas destacadas terá lugar os días 10 e 11 de maio, cando o Museo fortaleza de San Paio de Narla acolla as I Xornadas de Rol e Xogos de Mesa, impulsadas pola asociación A Mesa de Breogán. Durante o sábado 10, de 10:00 a 20:00, o público poderá gozar de demostracións prácticas de diferentes tipos de xogos: de mesa, de rol e wargames. Esta actividade pretende dar a coñecer este eido cultural e achegar as afeccións lúdicas a toda a xente interesada. A entrada é libre, aínda que algúns xogos estarán recomendados para maiores de 16 anos, debido á súa complexidade ou contido. O domingo 11, de 10:00 a 13:30, terá lugar un rol en vivo de salón, onde as persoas participantes simularán unha reunión importante na Galiza medieval, interpretando personaxes a través da palabra e a imaxinación. Inscricións https://comunidadermpl.gal/i-xornadas-de-rol-e-xogos-de-mesa-na-fortaleza-de-san-paio-de-narla/ Xogos de rol, wargame e rol en vivo: inscrición previa obrigatoria, dispoñible a partir do 1 de abril.
Museo Etnográfico San Paio de Narla Torre de Xiá - Friol Ver web
VIRAL utiliza ricas galletitas (cookies), si sigues navegando aceptas su uso. Saber más.Aceptar