12:30
Contacontos miúdos: “Con Tango son tres”

Contacontos miúdos: “Con Tango son tres”

O 25 de abril celébrase o Día Mundial dos Pingüíns, polo que leremos o libro “Con Tango son tres” de Justin Richardson e Peter Parnell. Descubriremos a historia real de dous pingüíns macho do Zoo de Central Park que chocan un ovo que non foi posto por eles. Así, coñeceremos os novos modelos de familia que existen e o modo no que o amor dunha familia rompe calquera obstáculo que se presente.

O tempo restante, os participantes poderán ler, debuxar ou xogar no Espazo de Lecer.

Público: nados entre 2016 e 2021 inclusive.

Aforo: 15 persoas.

*Recoméndase inscrición previa a partir do luns 14 de abril (inclusive)

Espazo de Lecer

Fuente: https://ovellocarceredelugo.gal/mc-events/contacontos-miudos-con-tango-son-tres/?mc_id=767
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android