00:00 hasta las 00:00
PROXIMIDADE LLUNYANA - 113+

PROXIMIDADE LLUNYANA - 113+

O Cenima acolle dende hoxe xoves 20, ás 18:00h. dúas exposicións dentro do proxecto Culturas en diálogo da Rede Museística Provincial de Lugo (RMPL): Proximidade Llunyana e 113+. Dous proxectos artísticos que exploran a diversidade, a memoria migratoria e a convivencia, visibilizando historias que conectan o pasado co presente.

PROXIMIDADE LLUNYANA
Unha homenaxe ás mulleres da provincia que, no pasado, emigraron a Barcelona en busca dun futuro mellor. A través de cartas, fotografías e obxectos persoais, esta exposición reconstrúe as súas historias, poñendo en valor a maleta como símbolo da memoria e do sacrificio. Un diálogo entre xeracións que conecta o pasado migratorio de Galicia coa realidade actual.


113+
Un proxecto artístico da fotógrafa Evelin Ruiz Crego que documenta a riqueza cultural de Lugo, onde conviven persoas de máis de 113 nacionalidades. A exposición, creada en colaboración coa Asociación Rioplatenses de Lugo, presenta retratos fusionados con obxectos simbólicos que representan a identidade das persoas participantes, abrindo un diálogo sobre a migración e a convivencia.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android