17:30
Paseos teatrais | MULLERES DESTACADAS NA HISTORIA DE LUGO

Paseos teatrais | MULLERES DESTACADAS NA HISTORIA DE LUGO

O Grupo de teatro Achádego realizará unha serie de paseos teatrais en diferentes xornadas, rememorando a vida e legado de persoeiros destacados da cidade.

A primeira sesión, que terá lugar o 23 de marzo, centrarase nas mulleres relevantes que deixaron unha marca imborrable na sociedade lucense. O Grupo de teatro Achádego, coa súa interpretación, revivirá as historias destas figuras femininas que contribuíron significativamente ao desenvolvemento cultural e social da cidade.

Esta actividade terá lugar o vindeiro domingo, 23 de marzo, a partir das 17:30 horas. As entradas poderán reservarse previamente nas oficinas do Cemiterio, na Oficina Municipal de Turismo ou no Cemiterio Municipal, cun máximo de 4 por persoa
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android