19:00 hasta las 20:15
FEMINÍSSIMAS Teatro en Covelo

FEMINÍSSIMAS Teatro en Covelo

O Sábado 15 de Marzo De Ste Xeito Producións presentará a súa comedia violeta, "FEMINÍSSIMAS", no Auditorio Municipal do Concello de Covelo, dentro do programa de +Escénicas da Deputación de Pontevedra.

# 𝗗𝗔𝗧𝗢𝗦 𝗗𝗢 𝗘𝗩𝗘𝗡𝗧𝗢:
◾️ A cita será o Sábado 15 de Marzo ás 19:00 horas.
◾️ Auditorio Municipal do Concello de Covelo.
◾️ Público +12anos.
🔸 𝗘𝗡𝗧𝗥𝗔𝗗𝗔𝗦: Acceso libre ata completar aforo do espazo.

#SINOPSE
Un Congreso Feminista na cidade de Vigo. Tres amigas da adolescencia que fai anos que non se ven… con 3 maneiras ben distintas de entender o «feminismo».

Este é o punto de partida desta creación teatral con altas doses de humor, ironía e complicidade para poñer a amizade a proba e mentras analizamos, dende a comedia, de que maneira as mulleres estamos a convivir neste novo mundo feminista no que nos atopamos mergulladas. Unha maneira, tamén de rirnos de nós mesmas, das nosas propias incogruencias e sobre todo do espazo que separa a teoría pura da práctica diaria. 

En resumo: unha comedia negra… moi violeta. 
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android