00:00 hasta las 00:00
OBRADOIRO DE TANGO | 'Bailando coa Terra: Sementando Pasos'

OBRADOIRO DE TANGO | "Bailando coa Terra: Sementando Pasos"

'Bailando coa Terra: Sementando Pasos, Colleitanto Tango', é unha iniciativa enmarcada no programa Hortos Saudables que organiza a Deputación de Lugo para promover o benestar e a sustentabilidade entre a cidadanía.

En concreto, neste curso gratuíto participarán preto de 30 persoas e desenvolverase cada venres para partir do 7 de febreiro ata o 27 de xuño no Mercado Municipal de Lugo.

As actividades, que levarán a cabo todos os venres ata o 27 de xuño, continuarán o próximo 15 de febreiro cun taller de arte floral; o 22 de febreiro realizarase un curso de competencias con motoserra para principiantes; e os días 6 e 13 de marzo terá lugar unha iniciativa de maquillaxe saudable.

A iniciativa combina formación en agricultura ecolóxica cun espazo para o baile, lembrando a historia de Leocadia e Xavier, dous emigrantes retornados de Arxentina que sempre celebraban o seu gusto polo tango na horta.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android