17:30
Catro

Catro

Elenco: Laura Sarasola

Catro é a nova proposta de Caramuxo teatro para primeira infancia. É unha peza visual que xoga coa vida, coas formas, os sons e as texturas... co descobrer a través da danza como linguaxe e canle de coñecemento.

Catro lados ten un cadrado, a miña galleta preferida, as estrelas que vexo dende a miña habitación e catro son os recunchos do meu lugar.

Catro é a experimentación a partir dun número que se repite na nosa vida. Unha experiencia para gozar en familia.
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android