18:00
Rosalía, a pulga que escribía

Rosalía, a pulga que escribía

Rosalía conta un conto sinxelo pero tremendamente sedutor para os nenos:

“Había unha vez, unha pulga moi, moi pequena: Rosalía.

Rosalía escribe unha carta cada día. Métea nun sobre, ponlle un selo e mándaa por correo. Bruno, o Canguro, un carteiro moi especial, encárgase en persoa de levarlla ao seu destinatario.... e lerlla: á señora Toupa porque non ve, a dona Xirafa porque perdeu as gafas, á ovella porque non sabe ler e a Mr. Elefante porque só sabe ler en inglés.

O contido da carta é unha invitación: “O Martes 3 ás 10, unha festa na casa de Rosalía.”

Todos reciben unha carta. Todos, menos Bruno, o Canguro! Por qué?
Download App iOS
VIRAL App
Download App Android